Fotos e Crónicas de partidos

domingo, 22 de noviembre de 2009

Xornada 6-Marzo-2010
Alevín. HC Raxoi 0 - CH Compostela 1






Foto da Xornada do 20 de Febreiro
"Veñen empuxando por abaixo"

Xornada 20-Febreiro-2010
Benxamín. CH Compostela "B" 2 - CH Compostela "A" 2




Xornada 20-Febreiro-2010
Senior. CH Compostela 6 - Vigo Stick 3




Xornada 20-Febreiro-2010
Feminino. Raxoi 4 - CH Compostela 1



Xornada 06-Febreiro-2010 (Partido Aplazado)
Senior. CH Compostela 12 - Escola Lubians 2




Xornada 06-Febreiro-2010
Alevín. Vigo Stick 3 - CH Compostela 0










Partido da Escola do C.H. Compostela xogado o día 30 de Xaneiro. ¡Hai que ver as boas maneiras que van collendo!.









Xornada 12-Decembro-2009
De hockey_fotos



Xornada 22-Novembro-2009
Feminino. Ch Compostela 4 - Liceo 2
Este domingo disputóuse en Vite o partido entre o CH Compostela e o Liceo. O partido decantábase xa dende o minuto 6 a favor do Compos, grazas o gol que Iria marca aproveitando un rebote da bola na porteira. Nos seguintes minutos hai un dominio alterno sen ocasións claras por ningún dos dous equipos ata a 10no que un contraataque levado por Naila e Iria estrela a bola no poste. No minuto 19 tiro de Naila, a bola rebota, pega na perna de Carlota e entra. O árbitro anulao.
Xa na segunda metade empata o Liceo no minuto 4 por mor dun contraataque causado por unha perda de bola do Compos no medio do campo contrario. Un minuto máis tarde nunha xogada de equipo, pase de Iria e marca Naila no segundo pau. Minuto 7, error defensivo e empata o Liceo.
No minuto 12 contraataque do Compos, queda Iria soa diante da porteira, regate e gol. No minuto 19 un novo contraataque do Compos fai que Marilin se plante diante da porteira e marca o definitivo 4-2.
O Liceo non entregóu en ningún momento o partido, aínda que foi xogado con maior intensidade, concentración e dominio por parte do Compos.
Hai que salientar a inagotable enerxía que desplegóu Adri animando ó Compos.

Xornada 7-Novembro-2009
Benxamín
Comenzóu a Liga na categoría Benxamín, e este sábado 7 de novembro disputóuse o encontro entre o CH Compostela A e o CH Compostela B co resultado final de 2-3.
O ambiente no pavillón era de unha total festa, aínda que cada quen animaba ó equipo no que xogaba o seu fill@, como non podía ser de outra maneira.
O 0-1 subéu ó marcador no minuto 3 nun ataque conxunto de Lucía e Alejandra marcando esta última. Dúas rapazas que fan un tándem en ataque que nos dará moitas alegrías.
Xa na seguna parte, no minuto 10 Lucía marcóu o segundo gol para o CH Compostela B nunha impresionate xogada persoal, na que arrancando dende o medio da pista regateóu a tódolos xogadores contrarios ata o remate da xogada nun bonito gol.
O 0-3 veu no minuto 13 tamén do stick de Lucía.
O CH Compostela A reacionóu cara o final do patido, marcando Mario en apenas dóus minutos.
Un partido precioso donde xa podemos ver a gran proxección destes rapaces e rapazas.

Feminino Ch Compostela 3 - Cia María 3

O partido arrancóu xa no minuto 2 cunha ocasión para o Cia María grazas a un penalti que paróu Sabela.
No minuto 8 contraataque do Cia e gol de Nair.
Minuto 10: tiro de Iria que para a porteira e a propia Iria colle o rebote e marca o 1-1.
No minuto 13 tiro exterior de Iria, dá na escadra, rebota nas costas da porteira e entra: 2-1.
Xa na seguna metade, no minuto 6, Naila colle un rechazo da porteira do Cia e marca o 3-1.
O 3-2 veu no minuto 10. No 13, xogada embarullada e marca o Cia o 3-3. No minuto 15, tarxeta azul para a nº 8 do Cia quedando o equipo con 3 xogadoras. Iria tira á directa pero para á porteira, continuando o 3-3.
O CH Compostela non aproveitóu a superioridade numérica na que quedóu por mor da tarxeta azul. o partido foi dominado polo Compos pero non foi capaz de sacar partido das varias ocasións de gol que tivo.

Xornada 17-Outubro-2009
Alevín

O partido disputado o fin de semana polo equipo alevín resultou positivo visto dende o punto de vista defensivo. Aínda que o resultado foi de 8-0 para o equipo local, o Vigo Stick, melloraron na colocacion e iso nunha semana de entrenamento dende o anterior partido onde non sabian por onde lle viñan os tiros xa que era o primeiro partido de moitos deles na súa corta vida no hockey.

No aspecto ofensivo hai unha gran timidez do equipo e so nos últimos 3 minutos decidiron tirar a porteria, aspecto este moi positivo de cara a vindeiros partidos.

Salientar a boa actuación dos porteiros Brais e Eduardo que fixeron grandes paradas aínda que recibiron unha grande cantidade de ataques dun equipo que hoxe por hoxe é moi superior ó Compostela. Grazas a esta boa actuación dos porteiros evitouse que o resultado do partido fose moito máis amplo.

Para rematar salientar o bo clima relacional entre os membros do equipo así como de pais, adestradores e clube.

Juanjo e Patricia.



Partido amistoso entre o Compañía de Maria e o CH Compostela

O sábado 17 de outubro, disputóuse na pista do Cia de María, un partido amistoso na categoría feminina entre o anfitrión e o CH Compostela ca finalidade de facerse co novo regramento de hockey.
Os primeiros 5 minutos foron de dominio alternativo sen ocasións claras. A partires de aquí, o Cia de María inaugura o marcador, primeiro cun contraataque e despois cun tiro exterior.
No minuto 10 o dominio e total por parte de CH Compostela, con varias ocasións pero sen variación no marcador ata o gol de Iria de tiro exterior.
No minuto 2 da segunda metade, marca o Cia María cun cotaataque que colle á defensa adiantada. Pouco despois, tras varias ocasións, en xogada colectiva Naila marca o 3-2.
Minuto 5, falta directa en contra e o Cia marca 0 4-2. O partido transcurre con varias ocasións falladas polo Compos ata o minuto 18 no que Iria transforma un penalti e marca o 4-3 definitivo.
Destacar a actuación da porteira do Cia de María, sempre cunha excelente colocación e a gran cantidade de ocasións falladas polo Compos.

Crónica de Ricardo.
Xornada 10-Outubro-2009

Por primeira vez líderes
A xornada do sábado depáróunos un feito histórico na curta vida do Club de Hockey Compostela, o equipo Junior comeza a tempada no mais alto da clasificacion, mirando cara abaixo a rivais como Liceo, Compañía de Maria, ou Vigo Stick.
Ben é certo que isto non fixo mais que empezar, e non hai que deixarse levar polo optimismo, pero ten que ser un aliciente que nos faga traballar mais e mellor en busca do obxectivo final que non é outro que ser un equipo competitivo, que en cada partido teña a aspiración de gañar; despois podráse perder, empatar ou mesmo gañar, pero non podemos entregarnos de antemán.

O primeiro partido disputado o Sabado no pavillon de Vite foi o mencionado de Junior, contra o Escola Lubians, partido dominado polo HC Compostela con claridade, despois duns primeiros minutos de tanteo, que romperon co primeiro gol de Roi, a partir dese instante o Escola foi un xoguete en mans do Compostela, caendo goles un tras outro e permitindo que Dago puidese mover o banco dando minutos aos menos habituais, e doutra banda chegar ao partido de Senior que se xogaría despois coa base do equipo mais descansada. O resultado final foi 9-2
Antes do partido de Senior xogóuse o de alevíns onde a prometedora escola do Compostela enfrontóuse á Compañía de Maria, co resultado de 1 a 10 a favor do Compañía. Non hai que preocuparse, imos paso a paso, partimos de cero e cada día damos un paso adiante: o camiño é longo pero estamos en boas mans.
Xa a ultima hora da tarde xogóuse o partido da liga Senior onde o equipo Junior do Compos reforzado con De Pedro enfrontóuse ao Dominicos. O partido empezóu con bo ritmo por parte do Compos con movementos rápidos de bola que nos permitiron adiantar no marcador, pero un erro arbitral ( deu un gol ao Dominicos despois de pitar buling) permitíu o empate no marcador e que logo o equipo visitante fósese ao descanso por diante.
Na segunda parte unha serie de erros defensivos sumados ao desacerto tanto nos libres directos como nos penaltis, (chegáronse a fallar até cinco, marcando un só) fixeron que o Dominicos afastásese no marcador , que só se puido maquillar nos minutos finais para acabar cedendo por 5 a 7.
Esta claro que nesta categoría a falta de intensidade defensiva, non acertar nunha xogada como o penalti, que coas novas regras é definitiva, lévanche a perder partidos,que estarían ao teu alcance.
Até aquí o resumo da xornada, en crónicas posteriores seremos mais criticos , con xogadores, adestrador, árbitro, directiva e mesmo publico.

Rombo.

/*---------------------------------------*/