Noticias e Eventos do ano 2009

jueves, 7 de enero de 2010

NADAL SOBRE RODAS 2009

¡Exito de participación!. Foron moitos os rapaces e rapazas que se achegaron a Vite a pasar uns días estupendos patinando con noso club. Foron xornadas nas que moitos empezaron a patinar por primeira vez, e conseguíronno e outros empezaron a probar esto do hockey. Destacar a colaboración para os entenamentos cos porteiros do porteiro xuvenil da Selección Nacional de Hockey e campeón de Europa, Luis Aceituno: Grazas Luisete.
O día 5 de xaneiro visitóunos un Paxe Real repartindo chuminadas os rapaces.
¡ O Nadal que ven, máis!




Cea do Club

Pois nada, o 13 de novembro, como estaba previsto (impresionante), tivo lugar a famosa cena no Restaurante A Chara en Meixonfrío na que celebrábamos... nin idea, na que estivemos xuntos nunha chaprada de armas tomar, e que xa empezan a ser unha das señas de identidade deste club, e que dada a numerosa asistencia de xente (uns 70) da veracidade o refrán: Deus dáos e eles xúntanse.
E como unha imaxe vale máis ca mil palabras, ahí van unhas fotos do tinglado.
¡Que non sexa a derradeira!.






Comenzaron as clases de Patinaxe e Hockey no Concello de Sigüeiro

O pasado xoves 15 de Outubro comenzaron en Sigüeiro as clases de patinaxe e hockey organizado polo Concello e impartidas polo Club de Hockey Compostela, fruto da firma dun convenio de colaboración firmado entre as dúas entidades.
O éxito foi rotundo, xa que participan nada máis e nada menos que 90 rapaces e rapazas nas distintas modalidades: Patinaxe 1, Patinaxe 2 e Hockey.


Firmado Convenio de Colaboración do CH Compostela e o Concello de Sigüeiro
O pasado 6 de Outubro, celebróuse unha xuntanza na Casa do Concello de Oroso entre o Excmo Sr. Alcalde D. Manuel Mirás e Dña. Pilar Losada, presidenta do Club de Hockey Compostela, na que se asinóu o convenio de colaboración entre estas dúas entidades, polo que o CH Compostela se fará cargo das actividades de patinaxe e hockey enmarcadas dentro dos
obradoiros culturais e deportivos programados para o curso 2009-2010.
Ditas actividades desenvolveránse os Martes e Xoves no Pavillón Polideportivo de Sigüeiro dende o 15 de outubro ata o 20 de maio co seguinte horario:
de 16:30 a 17:30, PATINAXE I (a partir de 3 anos)
de 17:30 a 18:30, PATINAXE II

de 18:30 a 19:30, HOCKEY


Torneo Cidade de Vigo 2009

O pasado venres día 2 de Outubro, celebróuse o 26 Torneo Cidade de Vigo en categorías Feminino e Senior da OK Liga.
O torneo foi a partido único nas dúas categorías, disputándose entre o Toshiba Vigo Stick e o Cerceda no caso dos homes con resultado de 5 a 3 para o equipo local e entre o Vigo Stick e o CH Compostela por parte das féminas con resultado igualmente favorable para o Vigo Stick por un apretado 2 a 1.
Fantástica a actuación da nosa nova porteira Sabela, que pese a pasar de xogar en pista á porteira, demostróu ser unha grande no seu novo posto. ¡Felicidades!.





Ensaio das novas regras de xogo

Con motivo da entrada en vigor para esta temporada 2009-2010 do novo regulamento de hockey a patíns, a Federación Galega de Hockey ofrecéulle os clubes interesados, a súa colaboración mediante a aportación de árbitros, para que se organizasen partidos ca finalidade de que os xogadores se foran facendo ás novas normas.
O CH Compostela organizóu en colaboración co Noia HC o sábado día 3 de Outubro, uns partidos co seguinte calendario:

10:30 H. CH Compostela Prebenxamín - CH Compostela Benxamín B
11:15 H. CH Compostela Benxamín A - CH Compostela Alevín
12:00 H. CH Compostela Senior - Noia HC

En canto ós partidos das categoría inferiores, decir que foi unha ledicia, coma sempre, ver os máis pequenos xogar. Ademáis, xa se lles aplicaron as novas normas, xa que a liga está a piques de comenzar e hai que ilos poñendo ó día. Ao final, resultados variopintos, e día festivo para os cativos.
máis serio foi o partido entre o Ch Compostela e o Noia HC en categoría senior donde se puxo totalmente en práctica o que será o novo hockey. Arbitraron Dani e Rubén demostrando que sí fixeron os deberes e controlan o novo reglamento.
En canto o partido, este foi igualado durante a primeira parte, estando incluso o Ch Compostela por riba no marcador, pero xa na segund a parte o Noia puxo a súa experiencia na pista e convirtéuse pesadelo para a xoven plantilla do Ch Compostela. O final o Noia levóuse o partido por un contundente 3-10.




De hockey_fotos
O Noia CH e o CH Compostela



I Torneo Internacional de Hockey Compostela

Os días 26, 27 e 28 de Xuño, celebróuse no pavillón de Vite de Santiago de Compostela o I Torneo Internacional de Hockey organizado polo noso club ca participación de, ademáis do CH Compostela, a Escola Lubiáns de Carballo, o Compañía de María de A Coruña, o Codima de santiago de Compostela, o Vigo Stick de Vigo, o AC Ordenes de Odes, HC Borbolla de A Coruña e o HC Mealhada e o HC Viseu de Portugal.Participaron as categorías Escola, Prebenxamín, Alevín, Senior Feminino e Senior Masculino cos seguintes resultados:

Na escola non ouvo clasificacións; todos os equipos foron medalla de ouro.

Categoría Prebenxamín:
1º Clasificado: Escola Lubians
2º Clasificado: CH Compostela
3º Clasificado: Compañía de María

Categoría Alevín:
1º Clasificado: Vigo-Stick
2º Clasificado: CH Compostela
3º Clasificado: Codima

Categoría Feminino:
1º Clasificado: CH Compostela
2º Clasificado: HC Mealhada
3º Clasificado: AC Ordenes

Categoría Senior Masculino:
1º Clasificado: HC Borbolla
2º Clasificado: HC Viseu
3º Clasificado: Escola Lubians
4º Clasificado: CH Compostela


/*---------------------------------------*/