Noticias/Eventos 2010

martes, 30 de marzo de 2010

¡¡¡ ATENCIÓN!!!
Xa estamos a ultimar a organización do II Torneo Internacional de Hockey Compostela.

Próximamente publicaremos toda a información relativa a este evento.


Xa hai sede para 0 Campionato de España Sub 16 Feminino.
Este campionato organízao a Federación Catalana de Patinatge e a sede será a cidade de Mataró.
Os datos son os seguintes:

Data: 28, 29 e 30 de Maio de 2010
Sede: Mataró
Pista de xogo: Pavillón do CH Mataró
Avenida del Corregimiento s/n (Mataró)
Dimensións da pista: 20 mts x 40 mts. Terrazo.

Publicado o ranking mundial de equipos masculinos.

De hockey_fotos


Entrevista de Correo TV ó vicepresidente con motivo do premio PIDEVI 2010.
(A partires do minuto 4)





Premio PIDEVI 2010

O pasado venres 26 de marzo, a Fundación Compostela Deporte celebróu no Hotel Porta do Camiño o acto de entrega dos premios PIDEVI (Plan Integral Deporte e Vida) que ten por finalidade a de recoñecer a aqueles clubes da cidade, e a súa área de influencia, que se distinguen potenciando e recuperando os bos comportamentos e valores, que xunto ó esforzo pola superación persoal e ó traballo en equipo, constitúen a base formativa dunha sociedade plural e solidaria.
O Club de Hockey Compostela, con só dous anos de percorrido, foi elexido como gañador na categoría de Saúde.
Fase Sector Norte categoría Junior 2010





CH Compostela 5 - Booling Oviedo 2




CH Compostela 0 - HC Liceo 7




CH Compostela 4 - CP Areces 2




CH Compostela 0 - Biesca Gijón 4




CH Compostela 0 - HC Borbolla 8





Entroido sobre Rodas 2010

Bueno, por segundo ano consecutivo organizamos o Entroido sobre Rodas, no que o noso club abre as súas portas a tódolos rapaces que queiran vir a patinar. Esta actividade é totalmente de balde e como se realiza no entroido, a xente ven disfrazada. Este ano organizámolo en Santiago e máis en Sigüeiro, con un éxito total de participación. Como fixemos o ano pasado, ó final ouvo merendola de sobremesas típicas do entroido: filloas, orellas, tarta de chocolate, bica, rosquillas... En fin, unha fartada. O ano que ven...outra vez.







COCIDO DO ANTROIDO 2010

De Cocido Antroido 2010




¡¡¡ Hasta sempre Iria !!!
Iria, a nosa capitana do equipo feminino déixanos para ir a xogar á élite do hockey nacional. Acaba de fichar polo Mieres, equipo asturiano que xoga na liga ok feminina, e que xa está clasificado para o Europeo. Con esta fichaxe de seguro que acada tódolos títulos os que se presente. Parabens Iria, que teñas grandes éxitos deportivos e xa sabes que aquí tes a túa casa.
¡Botarémoste de menos!

/*---------------------------------------*/