Torneo Internacional Viseu 2009

martes, 15 de septiembre de 2009

Os días 12 e 13 de setembro, celebróuse en Viseu (Portugal) o 23 Torneo Internacional de Hockey Sao Mateus ó que a categoría senior do CH Compostela foi invitada.

Os equipos participantes foron o Infante de Sagres, o Uniao Entroncamento, OK Viseu e o CH Compostela.

Este torneo sirvéulle o noso club como preparación para a próxima temporada, así como entrenamento para que os rapaces se vaian facendo co novo reglamento que entra en vigor esta temporada.

Darlle tamén a benvida o club a tres novas incorporacións: Dani, Roi e Marcos.

Maila que quedamos no último lugar da clasificación, a sensación foi moi positiva, xa que unido a que estreábamos novo reglamento, que en moitos casos afectóunos de xeito negativo, xa que moitos dos "xestos" que antes en España eran válidos, con este novo reglamento pasan a ser faltas, e como levamos anos xogando deste xeito, o cambio brusco fai que cometésemos moitas faltas involuntarias que antes non o eran. Así mesmo hai que ter en conta que os demáis contrincantes, eran de categorías parellas a nosa 1ª división Nacional ou incluso a Liga OK española, caso do Infante de Sagres. Tampouco podemos esquecer a xuventude do noso equipo, composto por Juniors e Xuvenís, o que lle da máis mérito si cabe.

O ano que ven voltaremos a Viseu, xa que nos volveron a invitar e tentaremos de acadar un mellor posto.

O punto anecdótico estivo no aloxamento da expedición, xa que fomos aloxados nun cuartel militar (con soldados incluídos), durmindo en barracón con literas militares.
Vida militar: tivemos que facernos nos mesmos a cama, levantarnos con diana e almorzar o rancho dos soldados: Café con leite, bolo de pan con manteiga e mermelada. Só nos faltóu formar e entrar no comedor a paso lixeiro. Os críos alucinaron... e a min recordóume os tempos mozos.



/*---------------------------------------*/